Shopping Cart Empty.!

Sorry, your Shopping Cart seems to be Empty.!

SUBVENCIÓN XUNTA DE MEJORA Y MODERNIZACIÓN PYMES 2016

Subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista (código de procedemento IN201H).
Subvenciones-comercio-online-software-Informatica-Vinas500

Prazo de presentación : Do 18 de xaneiro ao 18 de febreiro

¿Que se subvenciona?

1. Acondicionamento do local comercial na zona de venda sempre que o local teña menos de 150 metros cadrados. Subvención do 40% sobre un máximo de 10.000 € de inversión sen IVE.

2. Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

3. Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento e o deseño dos seus produtos. Investimento máximo subvencionable será de 4.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

4. Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación. Investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

5. Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento. Quedan excluídas deste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web. Investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

6. Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídas deste punto as accións de publicidade. O beneficiario queda obrigado a inserción de 5 publicacións semanais. Investimento máximo subvencionable será de 8.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

7. Páxinas web comerciais básicas. Investimento máximo subvencionable será de 1.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

OJO, NON SE SUBVENCIONAN OS SEGUINTES ELEMENTOS

− Ordenadores

− Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.

− Impresoras.

− Televisores.

− Sistemas de alarma ou similares.

− Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

¿Quen pode pedir a subvención?

− Comercios retallistas situado en Galicia.

− Ter menos de 10 traballadores.

− Non ter a consideración de grande establecemento comercial.

− Que estea dado de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

− Que figuren inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Que documentación hai que presentar para solicitar a subvención?

− Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta. Se é unha persoa física e está dada de alta en máis dunha actividade económica, presentará a declaración de IRPF do ano anterior.

− Se a persoa solicitante é unha sociedade e está dada de alta en máis dunha actividade económica, deberá xustificar cal delas é a principal: no caso de sociedades presentará a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior

− Proxecto e memoria de viabilidade de cada unha das actuacións para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar.

− No caso de solicitar a subvención para acondicionamento do local ou mellora da imaxe exterior deben aportar fotografías do estado anterior á reforma.

− Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.

− No caso de comerciantes retallistas: informe emitido pola Seguridade Social de vida laboral do último ano, con todos os códigos de conta de cotización do solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

Documentación adicional para sociedades:

− Nif

− Acta, estatutos de constitución, modificacións e poder de representación.

Documentación adicional que puntúa para acadar a subvención

1. Certificado de estar integrado nun centro comercial aberto.(2 puntos)

2. Ter dado de Alta o comercio no ano 2015 .Presentar o imposto de actividades económicas do local aberto durante o ano 2015.(1 punto)

3. Adhesión ao sistema arbitral de consumo de forma indefinida (2 puntos)

OS QUE SEXAN SOCIOS DO ABE PODRÁN SOLICITAR QUE SE LLE REALICE O PROCESO DE SOLICITUDE DE XEITO TOTALMENTE GRATUITO. SE PRECISAS MAIS INFORMACIÓN CONTACTA BEN NO MAIL info@abe.gal OU BEN NO 981847888

Contacta con nosotros: 981 844 549 o en el Email: sat@inforvinas.com

Nuestra labor se basa en ofrecerte la mejor solución informática tanto en el sector empresarial como en el doméstico.
Copyright 2015© Informática Viñas. Todos los derechos reservados.
Diseñado por Informática Informática Viñas / Ecreativa.es